martes, 22 de abril de 2008

Maratón da 4ª Temporada de Perdidos.

Dende a perspectiva multidisciplinar coa que foi fundado o Ateneo Valle-Inclán, e despois de ter navegado polos mares da literatura, musica, ciencia, deporte, etc. este Ateneo afronta honroso, como non podía ser doutro xeito, unha nova incursión no tan plural mundo das Artes e da Cultura: o ámbito audiovisual.

O novo reto vai consistir en dar cabida a todas aquelas iniciativas e soportes relacionados co cinema, televisión, videocreación, etc. organizando proxeccións, coloquios, mesas redondas e debates sobre tal disciplina artística.





















A serie televisiva LOST (PERDIDOS) converteuse nos últimos tempos no fenómeno sociocultural máis relevante de cantos teñen xurdido da pequena pantalla dende mediados do século XX. Tres tempadas emitidas no noso país e unha cuarta en EEUU –interrompida no episodio 8 por mor da folga de guionistas– fixeron dela un fenómeno de masas ao que o Ateneo Valle-Inclán non se podía manter alleo.
Así pois, o primeiro acto a organizar nesta nova andadura audiovisual do Ateneo, vai ser un especial sobre esta serie, con proxeccións inéditas no noso país, e un coloquio posterior aberto á exposición de ideas e á discusión das mesmas no que poderá participar calquera seguidor de LOST.

Data: sábado 3 de Maio

Hora: 16:00

Así mesmo, co motivo da celebración desta maratón faranse camisetas e chapas. Se estades interesados nunha camiseta como a de abaixo (Vista frontal + chepa), non tedes máis que escribir a este correo electrónico indicando a túa talla.O día límite para pedir a camiseta é o día venres 18 de abril! :

lostateneo@gmail.com









Prezo: 7€

Tallas: S - M - L - XL - XXL (tiran a jrandes!)

NAMASTE!

1 comentario:

susana sampedro dijo...

estou segura de que imos facer historia na barbanza!!!
moito mal!!!
namaste!!!